Traballo de TICS

Este blog é de Raquel García Sánchez, da clase de 1º Bachillerato A.
Powered By Blogger

Monday, 13 June 2011

Noveno Traballo de TICS


Noveno e último traballo de TICS, este blog.

Para conseguir facelo hai que utilizar as ferramentas que nos da a páxina Blogger para facelo. Cando se fai unha mensaxe, hai varias opcións, semellante a Microsoft Word ou OpenOffice Writer.

Este último traballo consta de un post por cada traballo, citando os programas utilizados e explicando un pouco do que iban e que había que facer.

En cada post é necesario meter unha imaxe (eu busqueinas por internet e modifiqueinas en Microsoft Paint e Photoshop para redimensionar para que coubesen ou para cambiarlle algo as cores) e ter un texto de unhas 6 liñas se mal non lembro.

En total houbo 9 traballos (incluíndo este) abarcando Excel, Photoshop, Powerpoint, Word e moitos outros programas en internet.

Thursday, 9 June 2011

Oitavo Traballo de TICS


O oitavo traballo de TICS foi, sen lugar a dúbida, o máis variado de todos.

Utilizamos Google Docs, Word, Excel, Google Maps e Powerpoint neste traballo, tendo que facer un plan completo do que se fará neste hipotético viaxe.

Nos fixemos unha viaxe a Ilha de Sal en Cabo Verde, e incluso nos sobrou diñeiro dos 3500€ que tíñamos (hipotéticamente, claro está).

Unha cousa bastante complicado foi encontrar un coche para rentar na illa, xa que para menores de 26 anos non hai moitos dispoñibles- tivemos que utilizar a páxina propia de Cabo Verde para encontrar un, logo de días e días de busqueda.

Sétimo Traballo de TICS


O sétimo traballo de TICS foi, outra vez, un word semi-periodístico. Esta vez tratouse de investigar e falar do 15M, movemento recente moi expandido.

Este traballo foi máis difícil, na miña opinion, porque o movemento 15M nun principo non se falou moito del propiamente (como con Wikileaks, por exemplo, que explotou xa desde o principio) nas televisións, intentando evadilo tema e só mencionando palabras soltas sobre el. Ademáis, o movemento e moi, moi recente, e por isto non había tanta información como de costume nos traballos (que son sobre temas moi falados e extendidos).

Coma sempre, tivemos que expandirnos en varios folios utilizando columnas, differentes fontes de texto e demáis.

Wednesday, 8 June 2011

Sexto Traballo de TICS



O sextro traballo foi sobre Excel (ou o seu equivalente, open office calc) e de entaboamento en xeral.

O que tivemos que facer foi copiar as páxinas do libro en excel pero meterlle os datos mediante as fórmulas que viñan no mesmo libro. Fixemos, ademáis, os exercicios que viñan no final do tema do libro.

Neste tema foi todo moi metódico e teórico, a diferenza de todolos outros demáis traballos.

Era bastante longo, pero ó final quedaba todo de ben ver, así que non pasa nada.

Quinto Traballo de TICS


O quinto traballo foi tamén de Word, pero esta vez o tema foi Wikileaks, unha páxina controversial é coñecida mundialmente pola exposición de documentos secretos ó mundo (leak en inglés significa gotera, ousexa, que se gotean documentos. Wiki significa rápido e poderíase decir que tamén se relaciona ca páxina popular Wikipedia)

Tivemos que facelo en formato periódico e dunha maneira que explicásemos todo o que é Wikileaks, cando se creou, cando comezaron a facer o que fan e que é o que fan, ou sexa, os cinco 'w' do inglés (Who, What, Where, When, Why).

Eu ademáis fixen unha parte sobre Julian Assange, a cara pública de wikileaks que se viu involucrado en acusacións falsas sobre uns temas an suíza, se mal non lembre, e que conseguiu captálo interés do mundo xa por wikileaks e máis ahinda polo intento de silencialo.

Tivemos que insertar imaxes, facer títulos, columnas e demáis, todo en 4 follas (título incluído).

Tuesday, 7 June 2011

Cuarto Traballo TICS


O cuarto traballo de TICS foi sobre a utilización de Word para facer unha especie de periódico ou revista, sobre un tema que nos dou a profesora.

Tivemos que utilizar múltiples columnas, inserción de imaxe, cambio de tipo de letras e doble páxina.

Eu demáis utilicei o photoshop para modificar unha imaxes para semellar as fotografías nas páxinas de revista que me dou a profesora e para conseguir ter imaxes de boa resolución para as páxinas onde as imaxes se pasan sobre dúas páxinas.

O traballo era individual, pero axudounos algo a profesora.

Tercer Traballo de TICS


O terceiro traballo de TICS foi centrado en photoshop e a fotomanipulación de imaxes con este programas.

Empezamos facendo modificacións de cores e de engadir personas na imaxe, pero extendimos logo a camios totales, de insertar imaxes dentro de outras, limpalas, cambiarllos cores, quimalas... En fin, de todo.

Logo o final, cada persona tivo que ensinarlle a clase un tipo de manipulación en especifico.

Que me lembre agora, eu ensinei cambialos cores dos ollos máis engadir renglons negros a rredor dos ollos, mais limpala cara da persoa, pero cada persoa fixo unha cousa distinta.